Comisión de actividades e servizos

Apróbanse diversas achegas, axudas e concesións destinadas a xornadas, programas, ciclos de conferencias e outros eventos e actividades

2021-10-08T10:11:59+00:004 de Outubro de 2021|Comisión de actividades e servizos|

O luns, día 4 de outubro de 2021, ás 12:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (30.04.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, para o fomento das competencias dixitais do alumnado, PDI e PAS da UVigo.
    Apróbase unha achega a executar en 2022.
  4. Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social nas xornadas “sODStendo o planeta. Semana da Axenda 2030 na Universidade de Vigo”, e patrocinio do Premio Consello Social_UVigoHumana.
    Apróbase unha achega.
  5. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización do “Evento IN”, un programa de actividades e propostas sobre a diversidade, auspiciado polo alumnado.
    Concédese a axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración para a celebración da décima edición de EDUGAL (Salón de educación e formación de Galicia), previsto en Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre o apoio solicitado para a organización do “IX Ciclo de conferencias de Dereito Concursal”, a desenvolver no Campus de Ourense.
    Apróbase unha axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para levar a cabo a actividade “Cóntancho as matemáticas”, en centros de educación primaria.
    Apróbase a concesión dunha axuda a desenvolver en 2021.
  9. Rogos e preguntas.
    O presidente agradece o traballo feito polos anteriores compoñentes da Comisión que abandonaron o Consello na última renovación: Ana Isabel Vázquez e Marta Iglesias, e reitera a benvida ás novas incorporacións.