Colaboracións e patrocinios

UVigoTV publica as charlas do EventoIN, que contou co apoio do Consello Social

2021-11-08T13:30:13+00:008 de Novembro de 2021|Colaboracións e patrocinios, Novas|

O EventoIN, promovido pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, o Consello de Estudantes e o Consello Social da UVigo, é unha aposta por trasladar á cidadanía que a institución é unha universidade internacional, investigadora, e inclusiva, e que se proxecta nese marco por medio da divulgación científica, pero tamén ten un carácter inclusivo ao que pretende outorgar unha maior visibilidade.

Ao longo do mes de outubro de 2021 celebráronse unha serie de actividades de divulgación, formativas e culturais. Os días 4, 5 e 6, persoas expertas en diversas temáticas, no Círculo de Empresarios de Galicia,  abordaron diferentes aspectos relacionados coa comunidade LGTBIAQ+.

Abaixo, vídeo do acto inugural:

E no botón podes consultar vídeos de todas as conferencias e charlas neste espazo de UVigoTV

VER VÍDEOS EVENTOIN