Oito grupos de investigación do campus (Pontevedra) e 15 empresas e asociacións participaron o venres 26 de novembro nun encontro organizado polo Campus CREA e a Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social. O obxectivo da reunión foi o de amosar ao tecido económico e social as potencialidades da I+D+i universitaria pontevedresa, nesta edición, co tema específico da saúde a terceira idade.
O acto foi inaugurado polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, o presidente do Consello Social da Universidade, Ernesto Pedrosa e Carlos Souto, director do Campus Crea e Green Campus. A finalidade do encontro era dar a coñecer ás empresas e asociacións o traballo que realizan os grupos de investigación do campus, exporlles as liñas de I+D e os novos retos coa ollada na procura de sinerxías entre ambos colectivos que dean pé a futuros proxectos ou traballos.
Con todo, e grazas á heteroxeneidade de grupos de investigación cos que conta o Campus de Pontevedra, a xornada permitiu avanzar tamén noutras esferas de interese, como o deporte e a recuperación en todas as idades, a comunicación e gobernanza, a humanización de espazos, a convivencia e a resolución positiva de conflitos, a prevención no consumo de substancias e adiccións, o deseño de produto e a investigación de novos materiais.
Participantes
Neste encontro participaron:
- Equipo de Investigación en Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo
- HealthyFit
- Grupo Psicoloxía Xurídica e da Saúde: Convivencia e Benestar e Repercusións Educativas, Saudables
- Grupo Psicomotrices da Actividade Física
- Grupo de Comunicación Persuasiva
- Observatorio de Gobernanza G3
- Grupo de Ecoloxía Evolutiva
- Grupo de Medicina e Saúde Pública
- Fundación Deporte Galego
- Saraiva
- Activiza
- Adicam- Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama
- Asociación Asseii
- Cruz Vermella
- Xuntos Asociación Síndrome de Down
- Alento Pontevedra
- Fundación para Discapacidade e Emprego Juan XXIII
- De Vella a Bella
- Centro de Negocios Pontevedra, Rehabilitación Neurológica Neurat
- ASEM Galicia (Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares)
- Foro Empresa Pontevedra e AEMPE.
Polo seu interese publicamos as palabras do presidente do Consello social na presentación e apertura do evento: