Comisión económica

Apróbase o orzamento do Consello do vindeiro ano, así como se informa favorablemente sobre o teito de gasto, a oferta de emprego público PAS e a proposta de orzamento da UVigo para 2022

2022-01-11T19:00:46+00:0020 de Decembro de 2021|Comisión económica|

O luns, día 20 de decembro de 2021, ás 11:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23.06.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2022, ao abeiro do disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorablemente ao Pleno.
  4. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio de 2022. Acordo que proceda para elevación ao Pleno.
    A Comisión ACORDA elevar informe favorablemente ao Pleno.
  5. Informe sobre a proposta de eliminación do prezo público por anulación de matrícula en titulacións oficiais da UVigo (Comisión Económica do Consello Social do 23.06.2021).
    A Comisión dáse por informada
  6. Avance do Orzamento do Consello Social para 2022.
    Apróbase por asentimento.
  7. Informe sobre a Oferta de Emprego Público do PAS da UVigo para o ano 2021.
    A Comisión amosa a súa conformidade.
  8. Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Aportación do Consorcio interuniversitario do SUG a compras e servizos comúns ás tres universidades”, recibida en Pleno de 29 de xullo de 2021.
  9. Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin-off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin-off no mercado”.
    Respecto aos puntos 8 e 9, a Comisión dáse por informada.
  10. Aprobación, se procede, da cesión temporal de equipos para investigación ao grupo COM da Universidade de Vigo.
    A Comisión informa favorablemente.
  11. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2021.
    A Comisión dáse por informada
  12. Rogos e preguntas.
    Interveñen o Secretario e Emilio Zunzunegui.