Comisión económica

Infórmanse favorablemente a liquidación do orzamento da UVigo 2021 e a aprobación dos prezos dos complexos residenciais

2022-06-14T11:21:03+00:003 de Marzo de 2022|Comisión económica|

O xoves, día 3 de marzo de 2022, ás 12:45 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (20.12.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado sobre as medidas previstas para afrontar a previsión de xubilacións e o rexuvenecemento do persoal da Universidade de Vigo. Impacto económico.
    A Comisión dáse por informada.
  4. Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente a 2021, consonte Real- Decreto Lei 14/2012.
    Infórmase favorablemente.
  5. Control e seguimento da aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da Uvigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes.
  6. Control e seguimento da aplicación da Normativa de xestión de espazos universitarios. Informe que proceda sobre as despensas de pago concedidas pola Xerencia.
    Respecto os puntos 5 e 6, a Comisión dáse por informada.
  7. Informe de seguimento, aplicación e aproveitamento das recomendacións da auditoría operativa sobre “Análise da relación entre as spin-off e a UVigo, para buscar ferramentas que melloren a medio prazo a posición das spin-off no mercado”.
    A Comisión dáse por informada.
  8. Aprobación, se procede, dos prezos dos complexos residenciais da Universidade de Vigo para o curso 2022/2023, consonte acordo do Consello de Goberno.
    A Comisión informa favorablemente.
  9. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en xaneiro de 2022.
    A Comisión dáse por informada.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.