O mércores, 2 de febreiro de 2022, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (28.12.2021).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
- Memoria para a solicitude de verificación para a implantación do título de Máster en Enxeñaría Aeronáutica. Informe que proceda. (Consello de Goberno 13.01.2022).
Apróbase por unanimidade. - Aprobación, se procede, da distribución das axudas amparadas pola convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondentes a 2022.
O Pleno dá a súa aprobación. - Acordo que proceda sobre a petición da Escola Internacional de Doutoramento e a Área de Calidade para a realización dun estudo/informe sobre a inserción laboral e a satisfacción das persoas tituladas en doutoramento dende a creación da UVigo ata a promoción 2019/2020.
O Pleno dá a súa aprobación. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver o proxecto “Cóntancho ás Matemáticas”, dirixido a escolares e docentes da última etapa de Educación Primaria para incrementar a vocación científica, en particular entre as nenas.
O Pleno dá a súa aprobación. - Asignación de retribucións ao profesorado como complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, correspondente á convocatoria de 2020.
O pleno acorda unha asignación. - Convenios asinados pola UVigo en decembro de 2021.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Non hai.
acta do 02-02-2022
Documento PDF, 173 KB