Pleno extraordinario celebrado por medios telemáticos para acordar o nomeamento de xerente da Universidade de Vigo

2022-08-22T10:41:57+00:0014 de Xullo de 2022|Pleno|

O xoves, 14 de xullo de 2022, ás 13:00 horas, celebrouse sesión extraordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

Punto único
Acordo que proceda para o nomeamento de Xerente da Universidade de Vigo, consonte os termos previstos na lexislación orgánica de universidades, e o artigo 75.4c) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia.
O Pleno aproba o acordo de nomeamento proposto.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.