Co obxectivo de dar a benvida aos novos alumnos e alumnas á Universidade de Vigo, cada campus celebrouse unha xornada de acollida no que o novo estudantado puido coñecer de primeira man os servizos e instalacións que teñen á súa disposición na UVigo. O luns cinco de setembro o acto desenvolveuse en Pontevedra e os seguintes días, martes 6 e mércores 7, en Ourense e Vigo respectivamente.
O Consello Social patrocina a axenda que se entrega a cada estudante. Abaixo podemos ver unha serie de fotos dos actos nos que o novo alumnado recolle o seu exemplar:
Abaixo podes ver as reportaxes en vídeo que UVigoTV preparou cos tres eventos: