Colaboracións e patrocinios

Te lo cuentan las matemáticas, proxecto no que colabora o Consello Social, convértese en libro

2022-10-24T17:16:52+00:0014 de Outubro de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Te lo cuentan las matemáticas é un proxecto que busca estimular as vocacións matemáticas entre o estudantado de terceiro ciclo de Educación Primaria, con especial atención ás medidas dirixidas a promover a igualdade de xénero. Para alcanzar este propósito, é fundamental a aprendizaxe e o ensino das matemáticas dende un punto de vista científico e tecnolóxico, complementario aos currículos, orientado ás aplicacións na vida cotiá e empregando metodoloxías educativas innovadoras que mostren as matemáticas coma unha achega, comprensible, divertida e atractiva. Desenvólvese dende outubro de 2020, coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo. Cada curso hai programadas actividades por trimestre, coincidindo coa celebración de datas importantes para a investigación en matemáticas e o apoio á presenza das nenas e mulleres nas áreas CTIM: Día de Ada Lovelace, Día da Muller e da Nena na Ciencia e Día das Matemáticas. O contido destas actividades está relacionado coa investigación dunha matemática de referencia: Ada Lovelace, Agnes Meyer Discroll, Hipatia de Alexandría, Dorothy Johnson Vaughan, Emmy Noether.

Ver anteriores novas de Te lo cuentan las matemáticas:

Te lo cuentan las matemáticas convertese en libro

Como dicimos arriba, é esta unha obra de divulgación das matemáticas na última etapa de Educación Primaria e no comezo da Secundaria, buscando o fomento da utilidade social e económica das matemáticas desde un punto de vista científico e funcional, promovendo o interese polas mesmas, co fin de xerar vocacións matemáticas, en especial entre as nenas. As autoras son Beatriz Álvarez Díaz, Ixchel Dzohara Gutiérrez Rodríguez e Marta Pérez Rodríguez

Os logros científicos de tres mulleres matemáticas y as aplicacións das matemáticas na comunicación cifrada, na descripción do movemento dos astros e las rutas dos avións son o punto de partida para o desenvolvemento de contenidos e actividades relacionadas con: criptografía (Cóntacho unha espía), cónicas (Cóntacho unha astrónoma) e mapas (Cóntacho unha piloto).

Este libro  inclúe obradoiros con recursos manipulativos e tecnolóxicos, acceso a presentacións e fichas. Preséntanse ademais breves biografías de Ada Lovelace, Hipatia de Alexandría e Maryam Mirzakhani que se completan con información sobre recursos didácticos para profundizar no estudo da súa figura. Todo contado por unha espía, unha astrónoma e unha piloto.

Facendo clic no botón poderás visualizar e descargar un PDF cunhas cantas páxinas da parte inicial do libro.

Descargar fragmento de “Te lo cuentan las mataemáticas”