Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora nun ciclo de coloquios sobre oficios tradicionais que se desenvolveu en Pontevedra

2023-10-05T11:14:33+00:0030 de Novembro de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación é o título dun ciclo de obradoiros e coloquios que a Vicerreitoría do campus promoveu no mes de novembro, un xeito diferente de achegarse á fabricación artesá de cestas, zocas ou gaitas. Estivo dirixido a dar visibilidade e pór en valor estes oficios tradicionais, pero tamén a afondar en como a través da innovación estes traballos mantéñense vixentes no século XXI. As actividades están  promovidas co patrocinio do Consello Social e contaron coa participación da cesteira e creadora téxtil Idoia Cuesta, recoñecida en 2014 co Premio Nacional de Artesanía; da zoqueira Elena Ferro, que acadou esta distinción en 2019, e do construtor de gaitas Xosé Luis Latas.

Nas tres sesións deste ciclo, que se desenvolveron os días 7, 14 e 28 de novembro na Casa das Campás, combináronse o coloquio cunha exhibición dos produtos dos artesáns e os seus e procesos de traballo.