O luns, día 27 de febreiro de 2023, ás 12:05 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.12.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2022, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Carta de avance de auditoría.
Apróbase a liquidación do orzamento da UVigo correspondente a 2022 con remanente de Tesourería positivo, consonte aos termos expresados na Carta de avance de auditoría. - Aprobación, se procede, da incorporación de remanente de libre disposición ao exercicio de 2023.
A Comisión aproba a incorporación. - Aprobación, se procede, do incremento da participación accionarial da Universidade de Vigo no Círculo de Empresarios de Galicia.
A Comisión aproba a compra. - Control e seguimento da aplicación do Regulamento de Xestión do patrimonio da Universidade de Vigo. Informe que proceda sobre as doazóns menores e correntes.
A Comisión dáse por informada. - Control e seguimento da aplicación da Normativa de Xestión de espazos universitarios. Informe que procede sobre as expensas de pago concedidas pola Xerencia.
A Comisión dáse por informada. - Elección que proceda dun novo ámbito universitario para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas.
Acórdase encargar neste exercicio unha auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”. - Asignación de complementos retributivos a profesorado da Universidade de Vigo, por excelencia curricular docente e investigadora correspondente á convocatoria de 2021, consonte as valoracións da ACSUG de 18 de novembro de 2022.
Apróbase a asignación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en decembro de 2022 e xaneiro 2023.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Prodúcese un intercambio de opinión sobre as tarifas que aproba o Consello Social polos servizos que presta a universidade.
Acordos da Comisión Económica do 27-02-2023
Documento PDF, 165 KB