Colaboracións e patrocinios

Nova actividade de Cóntancho as matemáticas, iniciativa na que colabora o Consello Social

2023-04-03T12:03:45+00:003 de Abril de 2023|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Cóntancho as matemáticas é un proxecto educativo que ten por obxectivo estimular as vocacións matemáticas entre o alumnado de Educación Primaria e primeiro de ESO (1o e 2o). Deseñado dende MaReMa, o grupo de innovación docente de Materiais e Recursos Matemáticos da Universidade de Vigo.

Olga Pérez conta a historia persoal e científica de Emmy Noether, coñecida como a nai da álxebra abstracta que estudou as relacións entre certas simetrías e leis físicas. Ao mesmo tempo, conta a súa experiencia persoal e profesional como investigadora en matemáticas. No encontro propóñense retos matemáticos relacionados coa temática.

Aquí está o vídeo relizado por UVigoTV: