Apróbanse diversas solicitudes e acordos remitidas pola Comisión de Actividades e Servizos, pola Comisión Económica e outros asuntos recibidos do Consello de Goberno

2023-04-03T12:39:19+00:0021 de Marzo de 2023|Pleno|

O martes, 21 de marzo de 2023, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (28.12.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.

Propostas informadas favorablemente e acordos da CAS (reunión do 23 de febreiro de 2023)

  1. Aprobación, se procede, da distribución das axudas recollidas na convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondentes a 2023.
    Apróbase a distribución.
  2. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio ao programa “eDestrezas”, promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria para fomentar as competencias dixitais de alumnado, PDI e PAS.
    Apróbase unha achega para os cursos do 1º cuadrimestre 2023-2024.
  3. Aprobación, se procede, da proposta de actividades para 2023 do Observatorio de Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, e da correspondente dotación económica.
    Apróbase unha asignación global para realizar os traballos.
  4. Aprobación, se procede, da aportación do Consello Social para a organización en Vigo da reunión da Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas.
    Apróbase unha asignación da que se dará conta ao remate.
  5. Outros acordos da comisión.
    O Pleno dáse por informado.

Propostas con informe favorable e acordos da Comisión Económica (reunión do 27 de febreiro de 2023)

  1. Liquidación do orzamento da Universidade de Vigo correspondente ao exercicio 2022, consonte Real Decreto-Lei 14/2012. Carta de avance de auditoría.
    Apróbase nos mesmo termos que a Comisión.
  2. Aprobación, se procede, da incorporación de remanente de libre disposición ao exercicio de 2023.
    Apróbase por asentimento.
  3. Aprobación, se procede, do incremento da participación accionarial da Universidade de Vigo no Círculo de Empresarios de Galicia.
    Apróbase por asentimento.
  4. Elección que proceda dun novo ámbito universitario para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas.
    O Pleno aproba a proposta.
  5. Asignación de complementos retributivos a profesorado da Universidade de Vigo, por excelencia curricular docente e investigadora correspondente á convocatoria de 2021, consonte as valoracións da ACSUG do 18 de novembro de 2022.
    O Pleno aproba a asignación.
  6. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en decembro de 2022 e xaneiro 2023.
  7. Outros asuntos. Control e seguimento de competencias do Consello Social respecto da xestión do patrimonio da Universidade de Vigo e da xestión de espazos universitarios.
    Respecto aos puntos 14 e 15, o Pleno dáse por informado.

Asuntos remitidos polo Consello de Goberno (reunión do 2 de marzo de 2023)

  1. Informe que proceda sobre o cambio de denominación do centro CINBIO.
    Apróbase por asentimento.
  2. Aprobación, se procede, dos prezos para os complexos residenciais da Universidade de Vigo no curso 2023/2024.
    Apróbase por asentimento.
  3. Informe sobre o progreso en rendemento académico do estudantado da Universidade de Vigo.
    O Pleno dáse por informado.
  4. Aprobación, se procede, dos prezos aplicables aos estudos propios dos Programas de Formación Permanente da Universidade de Vigo, para o curso 2023/2024.
    Apróbase por asentimento.
  5. Rogos e preguntas.
    Multiples intervencións detalladas no PDF da acta a descargar abaixo.