O xoves, día 18 de maio de 2023, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (23.02.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a petición de colaboración na Primeira Xornada de Ciencia Aberta, promovida pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na produción e distribución de material de acollida ao alumnado da UVigo no curso 2023/2024, en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
A Comisión propón facer unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “II Congreso internacional de innovación docente: la enseñanza del Derecho a debate”, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a organización do congreso “European Systemic Functional Linguistics Conference”, na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda solicitada pola Facultade de Comunicación para a celebración do “IV Doctorial da Asociación española de Comunicación (AE-IC)”.
Asígnase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda para conectar a empresas e estudantes no Congreso Atlántico de Marketing dixital “Flúor”.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para a organización en Vigo do XXXIV Congreso estatal de estudantes de Telecomunicacións.
Asígnase unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de elaboración dun estudo para o acompañamento a estudantado estranxeiro na UVigo.
A Comisión propón facer unha achega para realizar o estudo. - Acordo que proceda sobre a financiación do estudo sobre inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais de Grao e Mestrado da UVigo no curso académico 2020/2021.
Apróbase unha asignación. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización na UVigo (Campus de Ourense) do Campionato nacional de fútbol-sala do PAS universitario.
Apróbase unha axuda. - Rogos e preguntas.
Intervén o secretario en relación coas novas competencias que asumen os Consellos Sociais.
Acordos da reunión da Comisión de Actividades e Servizos do 18-05-2023
Documento PDF, 168 KB