O venres, 31 de marzo de 2023, ás 11:00 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (21.03.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe do vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións sobre a declaración de interese de modificación/verificación de títulos de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2024/2025.
O Pleno dáse por informado. - Informe que proceda, do Pleno, sobre a tramitación da modificación do título de Máster Universitario de Avogacía e Procuradoría.
Apróbase a emisión dun informe favorable. - Aprobación, se procede, da delegación no presidente do Consello Social da distribución previa das Bolsas-colaboración para o curso 2023/2024, debendo dar conta posteriormente da resolución na primeira reunión que se convoque.
Apróbase a delegación. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada polo director do proxecto “A Caixa sostible”, dirixido a fomentar vocacións STEM.
Apróbase conceder unha axuda. - Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo para o exercicio 2023, orientado a facilitar o achegamento do estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
Apróbase a achega. - Solicitude de autorización de transferencia de crédito para obras e reparacións na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, do Campus de Ourense.
O Pleno dá a súa aprobación. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en febreiro de 2023.
O Pleno dáse por informado. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acordos do Pleno do 31-03-2023
Documento PDF, 164 KB