O xoves, día 22 de xuño de 2023, ás 10:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da ordedo día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (08.05.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo no exercicio 2022. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
Acórdase elevar informe favorable consonte ao expresado no informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).
Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI).
Infórmase favorable consonte ao expresado no informe de auditoría. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Centum Research & Technology, S.L., á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. (Consello de Goberno do 20 de xuño de 2023).
Apróbase para elevación ao Pleno. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L., para o centro de investigación CINBIO. (Consello de Goberno do 20 de xuño de 2023).
Apróbase para elevación ao Pleno. - Informe que proceda sobre o Decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso 2023/2024.
Infórmase favorable. - Informe que proceda sobre a modificación de pagos máximos por coordinación para todos os títulos propios.
Infórmase favorable. - Aprobación, se procede, dos prezos para cursos de Extensión Universitaria 2023 a desenvolver nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Apróbanse os prezos. - Aprobación, se procede, dos prezos do Campus Camp 2023.
Apróbase por asentimento. - Incorporación de remanente para a realización do programa de investigación co Centro Ramón Piñeiro.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en maio de 2023.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acordos CEC 22-06-2023
Documento PDF, 174 KB