O xoves, día 21 de decembro de 2023, ás 10:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.06.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2024. Acordo para elevación ao Pleno.
A comisión informa favorablemente. - Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2024.
A comisión eleva informe favorable ao Pleno. - Orzamento do Consello Social para o exercicio de 2024.
Infórmase favorablemente. - Informe sobre a Oferta de Emprego Público para PDI da UVigo para o ano 2023.
A comisión dáse por informada. - Informe sobre a Oferta de Emprego Público para PTXAS da UVigo para o ano 2023.
A comisión dáse por informada. - Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”, referidos á salvedade do auditor nas contas anuais de 2022.
A comisión dáse por informada. - Redución de capital social de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA) para restablecer o equilibrio patrimonial da sociedade. Acordo que proceda, consonte a normativa aplicable.
Infórmase favorablemente. - Aprobación, se procede, da modificación dos prezos públicos por servizos deportivos da UVigo en 2024.
Infórmase favorablemente. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en setembro, outubro e novembro de 2023.
A comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Interveñen Jesús Graña e mais o presidente.
Acordos da Comisión Económica do 21-12-2023
Documento PDF, 172 KB