En palabras de José Luis Vázquez López, un dos coordinadores da publicación, “os Amigos e Antigos Alumnos teñen un importante interese para as universidades, xa que procuran a plena integración das mesmas na sociedade… o seu paso por elas deixa unha pegada de unidade, compañeirismo, lembranza xuvenil, formación e especialización para o seu futuro, e conleva defender o prestixio e dignidade da institución…”
Diso trata este libro, coordinado por José María Franco García e José Luis Vázquez López, e no que participan personalidades como Manuel J. Reigosa –reitor da Universidade de Vigo–, Ernesto Pedrosa –presidente do Consello Social–, Natalia Caparrini Marín –vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade–, José María Franco García –presidente de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo–, os vicepresidentes de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo, José Luis Vázquez López e Francisco Novoa Rodríguez; Luis Espada Recarey –primeiro reitor da UVigo–, José Antonio Rodríguez Vázquez –ex-reitor da UVigo–, os vogais de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo, Avelino Muleiro, Antonio Murillo e Yashmina María Shawki; Argimiro Rojo Salgado –ex-presidente do Tribunal de Garantías da UVigo–, María del Pilar López Vidal –doutora en Ciencias Empresariais–, Fernando Franco –xornalista–, Jesús Souza Troncoso –catedrático de zooloxía–, Joám José Santamaría Conde –ex-decano do Colexio de Economistas de Pontevedra–, Antolín Franco García –ex-presidente da Agrupación Astronómica Rías Baixas–, Miguel Barros –ex-parlamentario de Galicia e ex-tenente alcalde do Concello de Vigo, e José Luis Rodríguez Paz-Andrade–avogado–.
Cúmprense agora 25 anos do nacemento da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos (1996), oito anos despois da posta en marcha da Universidade de Vigo. Dentro do espírito co que naceu, nos seus obxectivos está contribuir ao cumprimento da función social da UVigo e a súa proxección cultural, coa plena integración da sociedade e a simbiose entre ambas, Sociedade-Universidade, prestando colaboración, axuda material e moral para a súa mellora e desenvolvemento.
Da historia, dos obxectivos e da evolución da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos, así como das metas e retos da institución universitaria se fala neste libro que se pode descargar accedendo á súa ficha no apartado de Publicacións desta web.