O xoves, 28 de decembro de 2023, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (13.11.2023).
Apróbase por asentimento - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe que proceda para a tramitación da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación (Consello de Goberno do 26 de decembro de 2023).
O Pleno informa favorablemente
Propostas, acordos e informes da Comisión Económica (reunión do 21 de decembro de 2023)
- Informe favorable para ratificación, se procede, sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2024.
Apróbase por asentimento - Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio 2024.
Apróbase o orzamento - Orzamento do Consello Social para o exercicio de 2024.
Apróbase por asentimento - Informe favorable, para ratificación, se procede, sobre a Oferta de Emprego Público para PDI da UVigo para o ano 2023.
Infórmase favorablemente - Informe favorable, para ratificación, se procede, sobre a Oferta de Emprego Público para PTXAS da UVigo para o ano 2023.
Infórmase favorablemente - Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”.
O Pleno dáse por informado - Aprobación, se procede, da modificación do capital social de Cidade Universitaria (CUSA) para restablecer o equilibrio patrimonial da sociedade.
Apróbase por asentimento - Aprobación, se procede, da modificación dos prezos públicos por servizos deportivos da UVigo en 2024.
Apróbase a modificación - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en setembro, outubro e novembro de 2023.
O Pleno dáse por informado
- Rogos e preguntas.
Interveñen Juan Manuel Vieites e Elena Añel.
Acta do Pleno do 28 de decembro de 2023
Documento PDF, 182 KB