O martes día 28 de maio de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (17.10.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da implantación de novos indicadores que debe cumprir o Consello Social, consonte os requisitos do ranking de Transparencia da Fundación Haz:
a) “Deberes de dilixencia” (Avaliación de desempeño. Asistencia a reunións).
b) Novos indicadores consonte as competencias recollidas na LOSU (Principios éticos, compliance e responsabilidade social).
Dáse traslado ao Pleno. -
Informe sobre a modificación non substancial de títulos da Universidade de Vigo para o curso 2024/2025. (Consello de Goberno do 9 de maio de 2024).
A Comisión dáse por informada. -
Aprobación, se procede, da proposta de prezos públicos dos títulos propios do Centro de Posgrao e Formación Permanente, para o curso 2024/2025.
Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno. -
Autorización, se procede, da redución de prezos para o curso de Especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”.
A Comisión dá a aprobación. -
Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos cursos de Extensión Universitaria 2024, nos Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.
Apróbase por asentimento. -
Aprobación, se procede, dos prezos públicos para expedir a Certificación Internacional de Competencia Dixital (ICDL) ao alumnado dos cursos “eDestrezas”.
Apróbase por asentimento. -
Aprobación, se procede, dos prezos públicos para a actividade “Campus Camp”, a desenvolver durante as vacacións nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Apróbase por asentimento. -
Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI), para actividades que acheguen ao estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno. -
Acordo que proceda sobre a axuda solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, para organizar a “III edición dos Premios Alumni-UVigo 2024”.
Apróbase unha achega. -
Aprobación, se procede, da aceptación da cesión á UVigo da titularidade de patentes e rexistros de propiedade industrial pola Fundación Profesor Novoa Santos. (Consello de Goberno do 9 de maio de 2024).
Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno. -
Informe que proceda sobre o proxecto de decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso 2024/2025.
Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno. -
Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a licitación do servizo “contratación de asesoramento técnico para elaborar un estudo sobre a inserción de titulados da UVigo 1990-2024, e análise comparativo”.
Infórmase favorablemente para elevación ao Pleno. -
Informe sobre os convenios asinados pola UVigo durante os meses de febreiro, marzo e abril.
A Comisión dáse por informada. -
Informe que proceda sobre as doazóns bibliográficas en 2023, se houbese.
A Comisión dáse por informada. -
Rogos e preguntas.
Non hai