Apróbase a asignación das bolsas-colaboración do Ministerio; diversos prezos públicos, axudas, dotacións, convenios e doazóns; e a contratación necesaria para un estudo sobre persoas tituladas no período 1990-2024

2024-07-09T10:21:00+00:0012 de Xuño de 2024|Pleno|

O mércores, 12 de xuño de 2024, ás 12:15 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (25.03.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Aprobación, se procede, da asignación inicial das bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2024/2025, aos departamentos solicitantes da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.

Propostas e acordos da Comisión Executiva (xuntanza do 28 de maio de 2024)

  1. Implantación de novos indicadores que debe cumprir o Consello Social, ao abeiro dos requisitos da Fundación Haz e do disposto na LOSU:
    a) Deberes de dilixencia; autoavaliación de desempeño do Consello Social. Asistencias a reunións.
    O Pleno dá a súa conformidade.
    b) Cumprimento dos principios éticos, compliance e responsabilidade social.
    O Pleno dáse por informado.
  2. Aprobación, se procede, da proposta de prezos públicos dos títulos propios do Centro de Posgrao e Formación Permanente, para o curso 2024/2025. Autorización de cursos con redución de prezos.
    Apróbase a proposta.
  3. Acordo que proceda sobre a proposta de convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo (FUVI) para actividades que acheguen ao estudantado ao mercado laboral e á empregabilidade.
    Apróbase a proposta e faise unha dotación.
  4. Aprobación, se procede, da aceptación da cesión á Universidade de Vigo da titularidade de patentes e rexistros de propiedade industrial pola Fundación Profesor Novoa Santos. (Consello de Goberno do 9 de maio de 2024).
    Apróbase a cesión.
  5. Informe que proceda sobre o proxecto de decreto que fixa os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no SUG para o curso 2024/2025.
    Infórmase favorablemente.
  6. Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a licitación do servizo “contratación de asesoramento técnico para elaborar un estudo sobre a inserción de titulados da Universidade de Vigo 1990-2024, e análise comparativo”.
    Apróbase unha achega.
  7. Outros acordos: prezos públicos, axudas, convenios, doazóns, modificacións non substanciais de títulos…
    O Pleno dáse por informado.

Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (xuntanza do 25 de abril de 2024)

  1. Aprobación, se procede, da financiación do traballo sobre inserción laboral dos titulados en grao e mestrado na Universidade de Vigo, no curso 2021/2022.
    Apróbase por asentimento.
  2. Outros acordos (resumidos na documentación que se anexa).
    O Pleno dáse por informado.

Asuntos remitidos polo Consello de Goberno (xuntanzas do 9 e 30 de maio de 2024)

  1. Aprobación definitiva da creación e participación da Universidade de Vigo no capital social da empresa spin-off ECOLABO PLUS, S. L.
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe que proceda sobre a extinción do Máster Universitario en Xestión do desenvolvemento sostible.
    Infórmase favorablemente a proposta de extinción.
  3. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Antonio Macho, Juan José Santamaría, Jesús Graña e o secretario.
Acta do Pleno do 12-06-2024 Documento PDF, 203 KB