O luns, día 24 de xuño de 2024, ás 18:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.02.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
A Comisión dáse por informada. - Asuntos pendentes de anteriores sesión. Informes da Xerencia:
− Medidas aplicadas para o ingreso de saldos de dubidoso cobro, e resultados.
− Medidas de contención do gasto a causa da insuficiencia do remanente dispoñible para financiar
o orzamento de gastos de 2024.
− Medidas previstas para a elaboración dun rexistro actualizado sobre o patrimonio material.
A Comisión agradece as explicacións da xerente e dáse por informada. - Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo do exercicio 2023. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno, consonte o informe da auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno, consonte o informe da auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA).
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno, consonte o informe da auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2023 e do informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI).
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno, consonte o informe da auditoría. - Aprobación, se procede, de transferencias de crédito consonte o disposto nas Normas de execución do orzamento. (Consello de Goberno do 20.06.2024).
Apróbase por asentimento para dar conta ao Pleno. - Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos mais representativos da universidade: capítulo I”.
A Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón dun equipo de Lonza Biologics Porriño, S. L. ao CINBIO.
A Comisión dá a súa conformidade. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de maio de 2024.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Intervén Yolanda Lesmes.
Acta da CEC do 24-06-2024
Documento PDF, 180 KB