Comisión de actividades e servizos

Apróbanse axudas, achegas e dotacións para estudos, xornadas, congresos, reunións e debates, así como diversos prezos públicos e a participación do Consello no programa “Ourense rural”

2024-09-06T12:30:48+00:0029 de Xullo de 2024|Comisión de actividades e servizos|

O luns, día 29 de xullo de 2024, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.04.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, do financiamento do estudo sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos de Doutoramento na Universidade de Vigo, no curso 2021/2022, a realizar polo Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo.
    Apróbase realizar unha achega.
  4. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada polo Grupo Aletheia, para organizar en Vigo as XXVIII Xornadas de Filosofía, coa temática “Filosofía, ciencia e tecnoloxía: a eterna xuventude”.
    Concédese a axuda.
  5. Acordo que proceda sobre a petición dunha aportación do Consello Social para a organización do “9º Congreso iberoamericano de psicoloxía do deporte”, previsto en Pontevedra.
    Asígnase unha achega.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude da Delegación de estudantes da Escola de Enxeñaría Industrial, para reunir en Vigo ao “Consejo Estatal de Estudiantes de Ingeniería Biomédica e Ingeniería de la Salud (CEEIBIS)” .
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a colaboración económica solicitada para a organización dos “Encontros con profesionais do Dereito Concursal”, especialmente orientados ao estudantado.
    Concédese axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, para realizar o programa “Augaventura”, de actividades no medio acuático.
    Apróbase unha achega.
  9. Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a difusión do Estudo sobre o Impacto económico e social da Universidade de Vigo. Deseño gráfico, maquetación dixital e maquetación editorial.
    Apróbase unha dotación.
  10. Aprobación, se procede, da dotación económica precisa para a organización dunha “Xornada de análise, debate e alternativas ao actual sistema de acceso á universidade”.
    Dispónse unha achega agardando polo programa e orzamento.
  11. Aprobación, se procede, da delegación no presidente para a asignación definitiva das Bolsas-colaboración para a curso 2024/2025, debendo dar conta da resolución na primeira sesión plenaria que se convoque.
    Apróbase por asentimento.
  12. Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2024/2025, por servizos administrativos e académicos.
    Apróbanse por asentimento.
  13. Aprobación, se procede, dos prezos públicos do curso de Extensión Universitaria 2024 “Visibilización da importancia da saúde mental na mocidade”, no Campus de Ourense.
    Apróbanse por asentimento.
  14. Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense rural”, promovida pola Universidade de Vigo para o curso 2024/2025 no campus de Ourense.
    Apróbase unha achega.
  15. Rogos e preguntas.
    Non hai.