Comisión económica

Acórdase ou infórmase favorablemente sobre a liquidación do orzamento da UVigo 2024, da actualización das medidas aplicadas ás recomendacións do Consello de Contas, da eliminación do remanente de Feuga neste mandato, da aceptación de doazón de equipos para CINBIO e dos convenios asinados pola UVigo nos últimos meses

2025-07-03T12:26:30+00:006 de Marzo de 2025|Comisión económica|

O xoves, día 6 de marzo de 2025, ás 16:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13.12.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Liquidación provisional do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2024. Carta de avance de auditoría. Presentación do cálculo provisional de remanente do exercicio.
    Infórmase favorablemente.
  4. Actualización das medidas correctoras aplicadas ás recomendacións do Consello de Contas recollidas no informe do período 2015-2018: planificación das medidas ou cronograma proposto para a súa aplicación.
    Infórmase favorablemente.
  5. Eliminación do remanente de FEUGA neste mandato: informe da Xerencia sobre as medidas previstas e prazos para o seu cumprimento.
    A comisión dá a súa aprobación.
  6. Informe de aproveitamento e aplicación das melloras recomendadas no informe de auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, e sobre os elementos do inmobilizado material”.
    O asunto queda pendente.
  7. Informe de aproveitamento das conclusións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos mais representativos da universidade: capítulo I”.
    Este punto tamén queda pendente agardando por novos datos.
  8. Elección dun novo ámbito para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas da UVigo.
    A comisión acorda encargar para este exercicio unha auditoría operativa sobre “Procedementos de xestión económica da UVigo, con especial referencia aos fondos MRR recibidos”. Tamén acorda encargar para 2026 unha auditoría operativa sobre “Proposta propia para expor a Programación plurianual de financiación da universidade, consonte a LOSU. Análise das iniciativas doutras universidades do SUG”.
  9. Informe da Xerencia sobre a proposta de modificación da relación de postos de traballo da UVigo. Incidencia económica.
    A comisión dáse por informada.
  10. Informe da Xerencia, para toma de coñecemento, sobre a oferta de emprego público do PDI e do PAS da UVigo correspondente ao ano 2024.
    A comisión dáse por informada.
  11. Aprobación, se procede, dos prezos para os complexos residenciais da UVigo para o curso 2025/2026. (Consello de Goberno do 6 de febreiro de 2025).
    A comisión dá a súa aprobación.
  12. Control e seguimento de competencias: aplicación do Regulamento de xestión do patrimonio da UVigo: Doazóns bens mobles amortizados ou obsoletos (art. 20.4); Doazóns menores e correntes (art. 25.2); Arrendamentos (art. 26).
    A comisión dáse por informada.
  13. Control e seguimento de competencias: aplicación da Normativa de cesión de espazos universitarios. Informe sobre as dispensas de pago concedidas pola Xerencia (art.3).
    A comisión dáse por informada.
  14. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón dun equipo de Lonza Biologics Porriño, S.L., ao centro de investigación CINBIO da UVigo.
    A comisión dá a súa aprobación.
  15. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo durante os meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025.
    Infórmase favorablemente.
  16. Rogos e preguntas.
    Non hai.