Comisión de actividades e servizos

Apróbase a participación do Consello en OurenseRural 25-26 e os prezos das titulacións 2025-26, así como multiples axudas, achegas e colaboracións para encontros, xornadas, congresos, estudos e proxectos

2026-02-24T12:03:40+00:0011 de Setembro de 2025|Comisión de actividades e servizos|

O xoves, día 11 de setembro de 2025, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.04.2025).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación, se procede, da delegación no presidente para a asignación definitiva das Bolsas-colaboración para o curso 2025/2026, debendo dar conta da resolución na primeira sesión plenaria que se convoque.
    Apróbase por asentimento.
  4. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a produción dun documental propio dentro da “Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo”.
    Apróbase unha axuda.
  5. Acordo que proceda sobre a petición de axuda económica para o encontro de investigadores formados no laboratorio de Bioquímica, na Facultade de Ciencias de Ourense, e conmemoración do 25 aniversario.
    Apróbase unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para un encontro de alumnos con profesionais do Dereito Concursal, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
    Apróbase unha axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada polo Grupo Aletheia, para organizar en Vigo as XXIX Xornadas de Filosofía, coa temática “Entre a realidade e a virtualidade. Ética da innovación”.
    Apróbase unha axuda.
  8. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para a elaboración dun estudo/informe resumo do 50 aniversario da creación da Escola de Enxeñaría Industrial.
    Apróbase unha achega.
  9. Acordo que proceda respecto da axuda económica pedida para o evento “VI Xornadas de Formación, Innovación e Emprego – ATIC 2025” da Asociación de Facultades con Titulacións de Información e Comunicación, en Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  10. Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para organizar a “I Conferencia Internacional de Investigación en Linguas” (CIIL25), e a presentación do Instituto de Investigación Lingua, da UVigo.
    Apróbase unha achega.
  11. Acordo que corresponda sobre a solicitude presentada pola Cátedra UNESCO para organizar o “I Congreso Internacional Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade”.
    Apróbase unha asignación.
  12. Acordo que proceda sobre a colaboración económica solicitada para a organización do 4º Congreso Internacional DIGRAES25: “Estudos do xogo: encrucilladas e diálogos”, na Facultade de Comunicación.
    Apróbase unha axuda.
  13. Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada para organizar a XIV edición do Salón de Educación e Formación EDUGAL 2025, en Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  14. Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio para a organización dun taller para combater a desinformación sobre as tecnoloxías climáticas, a organizar no CSIC por investigadores da UVigo.
    Apróbase unha achega.
  15. Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para a organización do Congreso Internacional “Dereito, defensa e tutela das vítimas vulnerables”.
    Apróbase unha asignación.
  16. Acordo que proceda sobre a petición de apoio a un proxecto para detectar e abordar un trastorno de aprendizaxe das Matemáticas (DISCALCULIA), mediante estudo piloto nos centros educativos de Pontevedra.
    Apróbase unha axuda.
  17. Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense Rural”, promovida pola UVigo e a Deputación para o curso 2025/2026.
    Apróbase unha achega.
  18. Aprobación, se procede, dos prezos públicos aplicables a titulacións oficiais no curso 2025/2026, por servizos administrativos e académicos.
    Apróbase por asentimento.
  19. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acta da CAS do 11-09-2025 Documento PDF, 270 KB