O xoves, día 18 de decembro de 2025, ás 16:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (13.10.2025).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente. Transparencia 2025 UVigo.
- Informe da Xerencia. Auditoría do Plan de medidas antifraude da UVigo.
A Comisión dáse por informada e remite o asunto ao pleno. - Informes solicitados á Xerencia no pleno do pasado mes de novembro:
– Explicación do novo criterio aplicable sobre a composición das débedas de dubidoso cobro.
– Actuacións e calendario previstos para solucionar a salvedade relativa ao inventario da UVigo.
– Actuacións e calendario a desenvolver para normalizar a situación de terreos da UVigo.
– Explicación das causas da ausencia de control horario na UVigo.
A Comisión dáse por informada. - Outros asuntos pendentes de información da Xerencia:
– Evolución e situación das medidas correctoras aplicadas ás recomendacións do Consello de Contas.
– Aproveitamento da auditoría operativa sobre o capítulo I. Informe sobre a aplicación de medidas.
A Comisión dáse por informada. - Informe sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2026. Elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente. - Acordo sobre a proposta de orzamento da UVigo para o exercicio 2026. Elevación ao Pleno.
A Comisión informa favorablemente para a aprobación. - Orzamento do Consello Social para o exercicio 2026. Estimación do peche do exercicio 2025.
Apróbase por asentimento. - Aprobación definitiva, se procede, da creación e participación da UVigo na empresa Spin-off NexoInn (Consello de Goberno do 24 de novembro de 2025).
Apróbase por asentimento. - Convenios asinados pola UVigo correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da reunión da CEC do 18-12-25
Documento PDF, 483 KB