O 17 de maio ás 7 da tarde na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrarase un evento con motivo da conmemoración do 30 aniversario do Consello Social e, tamén, unha homenaxe ao seu presidente, Ernesto Pedrosa.
Ao acto asistirá Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, Manuel Reigosa, reitor en funcións, e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, así como outras autoridades e representantes tanto da Universidade como da sociedade civil.
No transcurso da celebración Pedrosa recibirá un diploma e unha placa en recoñecemento o labor desenvolvido polo órgano colexiado co gallo do seu 30 aniversario.