O mércores, día 10 de xuño de 2026, ás 16:15 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (11.05.2026).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
A Comisión dáse por informada. - Presentación da liquidación provisional do orzamento e do remanente de tesouraría resultante do orzamento de 2025 da Universidade de Vigo, consonte o disposto no artigo 57 da LOSU. Presentación do cálculo provisional de remanente do exercicio.
A Comisión dáse por informada. - Informe de aproveitamento e aplicación das recomendacións da auditoría operativa sobre “Intervención dos gastos máis representativos da universidade: capítulo I”. Medidas que se están a aplicar.
A Comisión dáse por informada. - Elección dun novo ámbito para a realización dun informe de auditoría operativa “Proposta propia para abordar a Programación plurianual de financiamento da universidade indicada na LOSU. Análise das diferentes iniciativas doutras universidades do SUG”.
A Comisión dá a súa conformidade. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante o mes de abril de 2026.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Os membros presentes agradecen a Yolanda Lesmes as súas achegas durante a súa estadía como responsable da Xerencia.
Acordos CEC 10-06-2026
Documento PDF, 248 KB