Actualidade

Xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise

2018-10-19T19:08:09+00:0023 de Outubro de 2014|Sen categorizar|

O pasado xoves 11 de setembro, na sala I do Edificio Miralles, tivo lugar unha xornada sobre a responsabilidade dos directivos e outros cargos públicos nun contexto de crise, organizado polo Consello Social da Universidade de Vigo coa colaboración do Vicerreitorado de Economía e Planificación, de Xerencia e da Xefatura do Servizo de Control Interno.Durante a inauguración contouse coa presenza de Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, do xefe do Servizo de Control Interno, Jesús Graña Nogueiras, e do reitor, Salustiano Mato de la Iglesia.

Dirixida a directivos e directivas públicos, altos cargos, empregados e empregadas públicos, sindicatos, asociacións vinculadas á defensa da administración pública, instancias educativas, consellos sociais e comunidade universitaria en xeral, esta xornada centrouse en como se ven afectados, no actual contexto de crise económica, os órganos das universidades, nun momento no que o control dos recursos públicos e a rendición de contas se converteron nun indicador básico e nun obxectivo prioritario. Para isto, contouse coa maxistrada especialista do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, María Dolores Galindo Gil, co maxistrado especialista do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, José Ramón Chaves García, co fiscal xefe da Fiscalía de Contas de España, Olayo Eduardo González Soler e co síndico da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias, Antonio Arias Rodríguez, como relatores.

Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Ver xornada na UVigotv

Fotografías tomadas polo DUVI durante a xornada: