O martes 16 de decembro de 2014, celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
LUGAR: Sala II do Edificio Miralles (Campus Vigo)
DÍA E HORA: Día 16 de decembro, martes, ás 14:35 h
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (16.06.2014)
- Informe sobre o Plan plurianual da UVigo para elevación ao Pleno (artigo 60b dos Estatutos da UVigo).
- Informe de cumprimento da instrución sobre a obriga da Universidade de establecer un límite máximo de gasto anual consonte ao Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
- Análise e informe que proceda para elevación ao Pleno do orzamento da UVigo para o exercicio 2015.
- Informe da previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do orzamento da UVigo 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
- Importes e aplicacións para incorporación de remanentes de libre disposición (Consello de Goberno de 4 de xullo de2014).
- Incidencia e aplicación do informe de auditoría operativa, encargado polo Consello Social, sobre os procedementos de xestión económica da investigación e da transferencia de resultados na Área de investigación da UVigo.
- Acordo que proceda sobre a participación do Consello Social na campaña de difusión e captación de fondos e mecenado, a desenvolver en medios de comunicación, á proposta e en colaboración coa Reitoría.
- Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos da UVigo.
- Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos da UVigo.
- Rogos e preguntas.
ACORDOS ADOPTADOS
Acórdase por asentimento a aprobación da acta da sesión anterior (16.06.14)
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre:
- O informe sobre o Plan plurianual da UVigo para elevación ao Pleno (artigo 60b dos Estatutos da UVigo).
- O informe de cumprimento da instrución sobre a obriga da Universidade de establecer un límite máximo de gasto anual consonte ao Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
- A análise e o informe do orzamento da UVigo para o exercicio 2015.
Acórdase dar conta ao Pleno sobre o informe da previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do orzamento da UVigo 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012, do 20 de abril.
A comisión dáse por informada da análise e do informe que proceda para a elevación ao Pleno do orzamento da UVigo para o exercicio 2015.
Acórdase aprazar ata a próxima reunión a valoración da auditoría operativa sobre a xestión a Área de investigación da UVigo, á espera de recabar unha mellor información.
Acórdase encargar aos membros que elaboren propostas para decidir na próxima reunión o ámbito universitario de actuación para unha nova auditoría operativa a realizar en 2015.
Acórdase unha achega de 8.000 euros para participación do Consello Social na campaña de difusión e captación de fondos e mecenado, a desenvolver en medios de comunicación, á proposta e en colaboración coa Reitoría.
Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre:
- O informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos da UVigo.
- O informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos da UVigo.