O luns, día 29 de decembro de 2014, ás 11:40 horas, celebrouse unha sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
LUGAR: Casa das Campás – Pontevedra
DATA E HORA: Día 29 de decembro, luns, ás 11:40 horas.
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.10.2014)
- Informe do Presidente.
- Informe do Reitor. Propostas e acordos da Comisión Executiva (sesión de 27 de novembro de 2014).
- Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums do Consello Social para o curso 2014/2015.
- Asignación de complementos a profesores da UVigo (convocatoria de 2014).
- Informe sobre o proceso de expedición de títulos oficiais da UVigo. Acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 18 de novembro de 2014)
- Oficina de esgresados. Patrocinio e axudas aprobadas pola Comisión. Propostas, informes e acordos da Comisión Económica ( sesión de 16 de decembro de 2014).
- Informe sobre o Plan plurianual da UVigo.
- Informe sobe o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2015, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
- Aprobación, se procede, do Orzamento da UVigo para o exercicio de 2015. (Acordo de Consello de Goberno de 19 de decembro de 2014).
- Previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do Orzamento da UVigo correspondente a 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012.
- Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos
- Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos
- Outros acordos
- Modificación da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre as taxas das ensinanzas propias e outros cursos da UVigo, a proposta da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
- Aprobación, se procede, das liñas xerais do orzamento do Consello Social para 2015.
- Aprobación, se procede, da proposta de Plan de actuacións e obxectivos a desenvolver polo Consello Social en 2015.
- Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2014.
- Presentación das fases de elaboración do Plan estratéxico da UVigo 2016/2020.
- Rogos e preguntas.
Apróbase por asentimento da acta da reunión anterior (29.10.2014)
Apróbase a convocatoria de Prácticums do Consello Social para o curso 2014/2015.
Apróbase a asignación de complementos a profesores da UVigo (convocatoria de 2014).
Dase por informado sobre o informe sobre o proceso de expedición de títulos oficiais da UVigo. Acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 18 de novembro de 2014).
Dase por informado sobre a Oficina de esgresados. Patrocinio e axudas aprobadas pola Comisión. Propostas, informes e acordos da Comisión Económica ( sesión de 16 de decembro de 2014).
Dase por informado sobre o Informe sobre o Plan plurianual da UVigo.
Dase por informado sobre o Informe sobe o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2015, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
Apróbase o do Orzamento da UVigo para o exercicio de 2015. (Acordo de Consello de Goberno de 19 de decembro de 2014).
Dase por informado sobre a previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do Orzamento da UVigo correspondente a 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012.
Infórmase favorablemente sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos.
Dase por informado sobre outros acordos.
Apróbase a modificación da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre as taxas das ensinanzas propias e outros cursos da UVigo, a proposta da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Apróbase o orzamento do Consello Social para 2015.
Apróbase a proposta de Plan de actuacións e obxectivos a desenvolver polo Consello Social en 2015.
Dase por informado sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2014.
Dase por informado sobre a presentación das fases de elaboración do Plan estratéxico da UVigo 2016/2020.