Comisión de actividades e servizos

A Comisión de Actividades e Servizos acorda conceder novas axudas e patrocinios

2018-10-19T19:06:29+00:009 de Xullo de 2015|Comisión de actividades e servizos|

O venres, día 29 de xuño de 2015, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

 

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 29.06.2015

HORA DE COMEZO:  12.35 horas.

HORA DE REMATE:   14.45 horas.

 

                                       ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.05.2015).
  2. Informe do presidente. Asuntos varios.
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver en Pontevedra o espazo urbano para emprendedores “Pont Up Store2015”.
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude da Facultade de Historia para a organización da “I xornada internacional de Lactación, corpo, sexualidades. Olladas históricas, prevista no campus de Ourense.
  5. Modificación das Normas básicas para axudas do Consello Social. Novo criterio de presentación de solicitudes cun prazo mínimo de dous meses de antelación respecto á celebración da iniciativa ou actividade da que se trate. Exclusión das propostas susceptibles de ser incorporadas aos Prácticums.
  6. Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co programa formativo “+INCUVI2015”.
  7. Aprobación, se procede, da axuda solicitada para a edición “Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo 2005-2010”, e a presentación e difusión no “XII Foro sobre a avaliación da calidade da investigación e da educación superior”.
  8. Distribución previa das bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2015/2016.
  9. Acordo que proceda sobre colaboración solicitada para desenvolver o Plan de mentoría da Escola de Enxeñería de Telecomunicación e a Facultade de Filoloxía e Tradución, para alumnos de novo ingreso.
  10. Acordo que proceda sobre a proposta de patrocinio do “Estudo índice de percepción de empleabilidad, confianza e valoración dos alumnos da Universidade de Vigo”.
  11. Acordo que proceda sobre a solicitude do Campus CREA para a participación de estudantes de Belas Artes e comunicación nun curso de aprendizaxe das últimas tendencias tecnolóxicas no Campus “Exploradores15”, impartido por expertos internacionais.
  12. Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico aos actos conmemorativos a desenvolver nos tres Campus co gallo dos 25 anos da Universidade de Vigo.
  13. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (22.05.2015).

Acórdase conceder unha axuda de 4.500 euros para desenvolver en Pontevedra o espazo urbano para emprendedores “Pont Up Store2015”.

Acórdase conceder unha axuda de 2.500 euros á Facultade de Historia para a  organización da “I xornada internacional de Lactación, corpo, sexualidades. Olladas históricas”, prevista no campus de Ourense.

Acórdase revisar unha proposta de redacción das Normas básicas para axudas do Consello Social, que será presentada na próxima sesión.

Apróbase unha achega de 3.200 euros para o programa formativo ‘+INCUVI2015’

Acórdase conceder unha axuda de 2.985 euros + IVE para a publicación do traballo “Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo 200-2010”e unha axuda máxima de 1.050 euros para a súa difusión en foros adicionais.

Dase a aprobación para a Distribución previa das bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2015/2016.

Apróbase unha achega de 6.500 euros para o Plan de mentoría da Escola de Enxeñería de Telecomunicación e a Facultade de Filoloxía e Tradución, para alumnos de novo ingreso.

Concédese unha axuda de 7.500 euros para o patrocinio do “Estudo índice de percepción de empleabilidad, confianza e valoración dos alumnos da Universidade de Vigo”.

Apróbase unha achega de 3.000 euros para a participación de estudantes de Belas Artes e comunicación nun curso de aprendizaxe das últimas tendencias tecnolóxicas no Campus “Exploradores15”, impartido por expertos internacionais.

Autorízase unha axuda de 8.000 euros de apoio económico aos actos conmemorativos a desenvolver nos tres Campus co gallo dos 25 anos da Universidade de Vigo.