Histórico

O Pleno do Consello Social deu o visto e prace á creación da Escola de Enxenería Aeronáutica e do Espazo

2018-10-19T19:06:26+00:0030 de Xullo de 2015|Pleno|

 

O pasado xoves, día 23 de xullo, celebrouse ás 12.10 horas unha sesión ordinaria do Pleno do Consello Social co fin de tratar os puntos sinalados na Orde do Día.

LUGAR: Salón de Graos do Edificio de Facultades- Campus de Ourense

DÍA: 23 de xullo, xoves

HORA DE COMEZO: 12.10 horas

HORA DE REMATE: 13.40 horas

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (26.06.2015)
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe que proceda sobre a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).
  5. Informe que proceda sobre a proposta de implantación do título de Grao en Enxeñaría Aeroespacial no Campus de Ourense (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).
  6. Informe que proceda sobre a proposta de implantación do título de Máster Universitario en “Deseño e dirección creativa en moda” para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).
  7. Informe que proceda sobre a proposta de modificacións de titulacións de Máster Universitario para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).
  8. Informe que proceda sobre a proposta de extinción do título de Máster Universitario en “Información técnica para o medicamento” (Consello de goberno de 23 de xuño de 2015).
  9. Informe que proceda sobre a proposta de modificación do programa de doutoramento en “Ciencia e tecnoloxía química” para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).
  10. Aprobación definitiva, se procede, da creación da Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) QUANTUM INNOVATIVE, S.L. e da participación da Universidade de Vigo no seu capital social (acordo de aprobación previa no Consello de goberno de 23 de xuño de 2015).                                                                                                                                         Propostas resoltas favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 29 de xuño de 2015). Comunicación de asuntos tratados.
  11. Adxudicación previa das  Bolsas-colaboración en departamentos concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á UVigo para o curso 2015/2016.
  12. Novo logo do Consello Social.
  13. Apoio económico do Consello Social cos actos conmemorativos do 25 aniversario da UVigo.
  14. Outros acordos e patrocinios.
  15. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de xuño de 2015.
  16. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da reunión anterior (26.06.2015)

Informa favorablemente sobre a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).

Informa favorablemente a proposta de implantación do título de Grao en Enxeñaría Aeroespacial no Campus de Ourense (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).

Informa favorablemente a proposta de implantación do título de Máster Universitario en “Deseño e dirección creativa en moda” para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).

Informa favorablemente a proposta de modificacións de titulacións de Máster Universitario para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).

Informa favorablemente a proposta de extinción do título de Máster Universitario en “Información técnica para o medicamento” (Consello de goberno de 23 de xuño de 2015).

Informa favorablemente a proposta de modificación do programa de doutoramento en “Ciencia e tecnoloxía química” para o curso 2016/2017 (Consello de goberno de 17 de xullo de 2015).

Dá a aprobación definitiva á creación da Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) QUANTUM INNOVATIVE, S.L. e á participación da Universidade de Vigo no seu capital social (acordo de aprobación previa no Consello de goberno de 23 de xuño de 2015).

Dá a súa conformidade sobre as propostas resoltas favorablemente pola Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 29 de xuño de 2015):

  • Adxudicación previa das  Bolsas-colaboración en departamentos concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á UVigo para o curso 2015/2016.
  • Novo logo do Consello Social.
  • Apoio económico do Consello Social cos actos conmemorativos do 25 aniversario da UVigo.
  • Outros acordos e patrocinios.

Dase por informado sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de xuño de 2015.

Don José María Franco solicita que o Consello Social encargue un estudo sobre o impacto e utilidade práctica dos convenios que a Universidade de Vigo ten firmados en todos os ámbitos, especialmente os subscritos con universidades estranxeiras, co obxectivo de que teñan un maior aproveitamento por parte dos profesores e os alumnos.