Histórico

O presidente do Consello Social, un dos encargados de inaugurar as ‘Xornadas sobre réximes tributarios especiais’

2020-02-21T13:00:54+00:0029 de Abril de 2016|Novas|

Numerosos especialistas procedentes de países tan diversos como Uruguai, China, Holanda ou Polonia acudiron o día 28 ao Seminario Internacional sobre zonas de réximenes tributarios especiais. Organizado pola Universidade de Vigo e o International Bureau of Fiscal Documentation, IBDF, o seminario conta coa participación de investigadores e investigadoras internacionais especializados nas denominadas zonas de réximes tributarios especiais, “unha palabra nova”, sinalou na súa intervención desta mañá Jan de Goede, membro do IBDF, utilizada para aglutinar diferentes realidades que teñen en común réximes tributarios que contemplan beneficios fiscais, dirixidos, sobre todo ao desenvolvemento económico.

O Presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, foi o encargado de dar o discurso inaugural onde recordou a importancia da universidade na dinamización da economía e da sociedade.

Antes do verán, ademais, está previsto que publiquen un libro coas conclusións do primeiro proxecto de investigación, centrado na análise da lexislación española e europea e as fórmulas de financiamento de infraestruturas.