Actos do presidente

Ernesto Pedrosa Silva: “O futuro traerá profesións que hoxe nin imaxinamos, xunto coa reinvención de moitas outras”

2020-02-21T13:01:50+00:005 de Maio de 2016|Actos do presidente, Discursos do presidente|

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte inaugurou o día 2 de maio unhas xornadas  tituladas Roteiros cara o mundo laboral que prentenden axudar na busca de emprego ao alumnado que remata en poucos días os seus estudos.

O acto inagural contou coa presenza de Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus; Vicente Romo, decano de Ciencias da Educación e do Deporte, e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade, patrocinador desta iniciativa.Ernesto Pedrosa puxo de relevo que “estamos en tempos de cambio histórico” e que o futuro “traeranos profesións que hoxe nin imaxinamos e imporanos reinventar outras moitas”, motivo polo que aludiu á necesidade de que os novos titulados e tituladas se doten de capacidades de innovación ou de traballo en equipo, ao tempo que puxo de relevo a necesidade de que “non paren nunca de aprender, para o que son vitais actos como este”.