Comisión executiva

As taxas de cursos complementarios, asunto destacado na última xuntanza da Comisión Executiva

2020-02-21T13:02:20+00:0026 de Maio de 2016|Comisión executiva|

O mércores día 25 de maio de 2016, ás 12:10 horas, comezaba a reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día cos seus correspondentes acordos:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (01/04/16)

Apróbase por asentimento.

2. Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión

3. Memorias pendentes. Estado das xustificacións solicitadas

Apróbanse as memorias finais dos cursos de formación que non as tiñan aprobadas: “O IVE na fiscalidade empresarial”, (XI edición); “Introdución á Bolsa” (XIII edición); e “Estatística en R para investigadores” (V edición).

4. Evolución da expedición de títulos oficiais. Situación a abril de 2016

Os membros da comisión poden ler nun informe entregado que o proceso de expedición se títulos se desbloqueou e regularizou.

5. Informe sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos para a obtención de títulos oficiais no Sistema universitario de Galicia para o curso 2016/2017

A Comisión avalía o proxecto de decreto que fixa os prezos dos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios en Galicia para o curso 2016/2017, e que non rexistrarán variacións respecto ao actual curso. Os prezos quedan conxelados de novo, por cuarto ano para o primeiro curso de Grao, e por terceira vez para todas as taxas universitarias. Don Ernesto Pedrosa engade que o prezo medio do crédito en Galicia sitúase en 11,83€, un 35% máis barato que a media estatal que é de 18,33€. No caso dos Máster o aforro é do 32% respecto a outras autonomías.

6. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

­  VI Curso de Formación en “Estatística con “R” para investigadores”

­  I Curso Complementario en “Aspectos profesionais da tradución e interpretación”

­  II Curso Complementario en ”Empresa familiar: Goberno e sucesión”

7. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

­  V Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con “R”

­  III Curso de Formación en “Excel financeiro”

­  I Curso de Formación en “Deseño web responsable con HTML5 e CSS3”

­  I Curso Complementario en “Introdución á ciberseguridade”

­  I Curso Complementario en “Iniciación a design thinking para o desenvolvemento de proxectos”

­  I Curso Complementario en “Desenvolvemento de proxectos segundo design thinking. Nivel avanzado”

­  II Curso Complementario en “Iniciación á contabilidade con contaSOL”

­  I Curso Complementario en “Business english: professional presentations”

­  II Curso Complementario en “Business english: professional presentations”

­  I Curso Complementario en “Business english: professional correspondence”

­  II Curso Complementario en “Business english: professional correspondence”

­  III Curso Complementario en “Introdución a excel”

­  IV Curso Complementario en “Introdución a excel”

Apróbanse e ratifícanse as taxas para os anteriores cursos (punto 6 e 7).

8. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

a) Con aprobación previa ( informes do presidente de 11.04.2016, 18.04.2016 e 29.04.2016):

­  V Curso de Formación en “Estatística con “R” para investigadores”

­  XIV Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”

­  I Curso Complementario en “Empresa familiar: Goberno e sucesión”

­  XI Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”

­  XIV Curso de Máster/Especialista en “Auditoría e Contabilidade”

­  II Curso Complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”

­  III Curso Complementario en “Técnicas de expresión oral”

b) Sen aprobación previa:

–    I Curso de Formación en “Introdución aos autómatas programables”

–    I Curso de Formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con XILINS vivado”

–    III Curso de Formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”

–    I Curso de Formación en “Iniciación á programación de dispositivos iOS5”

–    I Curso de Formación en “Introdución á programación de APPs en iOS6/iOS7”

–    I Curso Complementario en “BIG DATA e HADOOP: Novos tratamentos avanzados da información”

–    I Curso Complementario en “Fundamentos de ITIL”

Apróbanse as memorias dos anteriores cursos.

9. Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2016 no Campus de Ourense

10. Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2016 no Campus de Pontevedra

11.  Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2016 no Campus de Vigo

Apróbanse as taxas para os Cursos de Extensión Universitaria dos tres campus.

12.  Aprobación, se procede, dos prezos para o “Campus Camp” do verán nos tres campus

Apróbanse os prezos.

13.  Acordo que proceda sobre a asignación de complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador dos profesores da Universidade de Vigo. Convocatoria 2015 (consonte resolución da CGIACA de 19 de abril de 2016)

14.  Acordo que proceda sobre a asignación de complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora dos profesores da Universidade de Vigo. Convocatoria 2015 (consonte resolución da CGIACA de 19 de abril de 2016)

A Comisión ACORDA a asignación de retribucións adicionais relativas aos complementos de excelencia curricular e recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador a profesores da Universidade de Vigo (convocatoria 2015).

15.  Rogos e preguntas

Acta da reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social do 25/25/2016