O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, asistiu invitado ás xornadas do Pont Up Store de Pontevedra, unhas xornadas de emprendemento nas que facer chegar á cidade proxectos que se están levando a cabo actualmente.
Na súa intervención fixo fincapé na necesidade de que o emprendemento precisa axuda de organismos públicos e privados e que “o reto que supón é a creación dun caldo de cultivo propicio para levar a cabo iniciativas emprendedoras no marco dun aceptable nivel de tolerancia ao fracaso e onde o prezo que se pague por este sexa socialmente asumible. Conseguilo é tamén un modo de facer cidades mellores, máis habitables, máis avanzadas e máis sostibles.”