Histórico

O Pleno do Consello Social aprobou o orzamento para a Universidade de Vigo en 2015

2018-10-19T19:07:33+00:0022 de Xaneiro de 2015|Pleno|

O luns, día 29 de decembro de 2014, ás 11:40 horas, celebrouse unha sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

LUGAR: Casa das CampásPontevedra

DATA E HORA: Día 29 de decembro, luns, ás 11:40 horas.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (29.10.2014)
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor. Propostas e acordos da Comisión Executiva (sesión de 27 de novembro de 2014).
  4. Aprobación, se procede, da convocatoria de Prácticums do Consello Social para o curso 2014/2015.
  5. Asignación de complementos a profesores da UVigo (convocatoria de 2014).
  6. Informe sobre o proceso de expedición de títulos oficiais da UVigo. Acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 18 de novembro de 2014)
  7. Oficina de esgresados. Patrocinio e axudas aprobadas pola Comisión. Propostas, informes e acordos da Comisión Económica ( sesión de 16 de decembro de 2014).
  8. Informe sobre o Plan plurianual da UVigo.
  9. Informe sobe o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2015, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.
  10. Aprobación, se procede, do Orzamento da UVigo para o exercicio de 2015. (Acordo de Consello de Goberno de 19 de decembro de 2014).
  11. Previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do Orzamento da UVigo correspondente a 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012.
  12. Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos
  13. Informe que proceda sobre a modificación parcial da RPT do persoal funcionario de administración e servizos
  14. Outros acordos
  15. Modificación da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre as taxas das ensinanzas propias e outros cursos da UVigo, a proposta da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
  16. Aprobación, se procede, das liñas xerais do orzamento do Consello Social para 2015.
  17. Aprobación, se procede, da proposta de Plan de actuacións e obxectivos a desenvolver polo Consello Social en 2015.
  18. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2014.
  19. Presentación das fases de elaboración do Plan estratéxico da UVigo 2016/2020.
  20. Rogos e preguntas.
ACORDOS  ADOPTADOS 

Apróbase por asentimento  da acta da reunión anterior (29.10.2014)

Apróbase  a convocatoria de Prácticums do Consello Social para o curso 2014/2015.

Apróbase a asignación de complementos a profesores da UVigo (convocatoria de 2014).

Dase por informado sobre o informe sobre o proceso de expedición de títulos oficiais da UVigo. Acordos da Comisión de Actividades e Servizos (sesión de 18 de novembro de 2014).

Dase por informado sobre a Oficina de esgresados. Patrocinio e axudas aprobadas pola Comisión. Propostas, informes e acordos da Comisión Económica ( sesión de 16 de decembro de 2014).

Dase por informado sobre  o Informe sobre o Plan plurianual da UVigo.

Dase por informado sobre o Informe sobe o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario correspondente a 2015, consonte ao disposto no Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril.

Apróbase o do Orzamento da UVigo para o exercicio de 2015. (Acordo de Consello de Goberno de 19 de decembro de 2014).

Dase por informado sobre a previsión de cumprimento da obriga de elaborar a liquidación do Orzamento da UVigo correspondente a 2014 antes do 1 de marzo de 2015, consonte ao Real Decreto Lei 14/2012.

Infórmase favorablemente sobre a modificación parcial da RPT do persoal laboral de administración e servizos.

Dase por informado sobre outros acordos.

Apróbase a modificación da Normativa e recomendacións do Consello Social sobre as taxas das ensinanzas propias e outros cursos da UVigo, a proposta da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Apróbase o orzamento do Consello Social para 2015.

Apróbase a proposta de Plan de actuacións e obxectivos a desenvolver polo Consello Social en 2015.

Dase por informado sobre os convenios asinados pola UVigo nos meses de outubro e novembro de 2014.

Dase por informado sobre a presentación das fases de elaboración do Plan estratéxico da UVigo 2016/2020.