Comisión de actividades e servizos

Comisión de Actividades e Servizos con destacados asuntos económicos

2018-10-19T19:07:03+00:007 de Maio de 2015|Comisión de actividades e servizos|

O martes, día 21 de abril de 2015, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 21.04.2015

HORA DE COMEZO: 12.40 horas

HORA DE REMATE: 13.30 horas

 

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.03.2015).
  2. Informe do presidente. Estado dos asuntos pendentes.
  3. Acordo que proceda sobre o patrocinio dun Curso de inglés profesional orientado á incorporación ao mercado laboral de alumnos de últimos cursos e mestrado.
  4. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda económica para o aloxamento e manutención dos alumnos que participen no proxecto arqueolóxico “Proxecto Armea2015”.
  5. Acordo sobre a proposta da Escola de Enxeñería Industrial para achegar alumnos da ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato á Universidade a través da I Competición de Robots. Confirmación da axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización do Foro de encontro Xustiza e Traballo, no campus de Vigo.
  7. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración económica para a organización da Gala do deporte 2015 da Universidade de Vigo, no campus de Vigo.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización da “Xornada Traballar na UE: retos e oportunidades”, no campus de Pontevedra.
  9. Rogos e preguntas.

 

ACORDOS ADOPTADOS

 

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (25.03.2015).

Acórdase conceder unha axuda de 2.400 euros, da que se deducirá a cantidade correspondente polo ingreso das matrículas, para un Curso de inglés profesional orientado á incorporación ao mercado laboral de alumnos de últimos cursos e mestrado.

Apróbase a concesión de 1.200 euros para o aloxamento e manutención dos alumnos que participen no proxecto arqueológico “Proxecto Armea2015”.

Apróbase dotar con 2.000 euros á Escola de Enxeñaría Industrial para levar a cabo a súa proposta de achegar alumnos de ensinanza secundaria obligatoria e bacharelato á Universidade a través da I Competición de Robots.

Apróbase a dotación de 1.500 euros para a organización do Foro de encontro Xustiza e Traballo, no campus de Vigo.

Acórdase conceder unha axuda de 4.200 euros para a organización da Gala do deporte 2015 da Universidade de Vigo, no campus de Vigo.

Apróbase a concesión de 1.200 euros para a organización da “Xornada Traballar na UE: retos e oportunidades”.