ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN ECONÓMICA
DO CONSELLO SOCIAL DO 18.12.15
LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo
DATA: 18.12.15
HORA DE COMEZO: 11:40 h.
HORA DE REMATE: 13:20 h.
O venres, día 18 de decembro de 2015, ás 11:40 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
.
PUNTO 1
• Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior
PUNTO 2
• A comisión dáse por informada sobre o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.
PUNTO 3
• A comisión dase por informada sobre o novo modelo de financiamento dos centros da Universidade de Vigo.
PUNTO 4
• A Comisión acorda informar favorablemente ao pleno sobre o teito máximo de gasto anual da Universidade de Vigo para o exercicio 2016. (Real Decreto Lei 14/2012, de 20 de abril)
PUNTO 5
• Informar favorablemente ao pleno da aprobación do orzamento da UVigo para o exercicio 2016.
PUNTO 6
• A Comisión acorda dar conta ao pleno sobre o informe de cumprimento da instrución sobre a obriga da universidade de elaborar a liquidación do orzamento antes do 1 de marzo de 2016. (Real Decreto Lei 14/2012 de 20 de abril)
PUNTO 7
• A Comisión dáse por informada sobre a aproximación de competencias dos servizos de Control interno das universidades e dos Consellos Sociais.
PUNTO 8
• A Comisión dá a súa autorización dos importes e aplicacións para incorporación de remanentes de libre disposición. (Consello de goberno de 29 de outubro de 2015)
PUNTO 9
• A Comisión dáse por informada da asignación de competencias á Comisión Económica consonte o Regulamento interno aprobado o 4 de agosto de 2015.
PUNTO 10
• A Comisión dáse por informada sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de agosto, setembro, outubro e novembro de 2015.
PUNTO 11
• Rogos e preguntas.
Vº. e pr.,
O presidente, O secretario,
Daniel Barata Quintas Ignacio Rodríguez Iglesias