O venres día 1 de abril de 2016, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos:
PUNTO 1
- Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (16.11.2015).
PUNTO 2
- Apróbase o seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.
PUNTO 3
- Apróbase unha supervisión das enquisas de avaliación da satisfacción sobre as titulacións oficiais de Grao e Mestrado. Curso 2014-2015.
PUNTO 4
- Acórdase referendar as aprobacións das taxas dos seguintes cursos: I Curso de Formación en “Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito químico”; III Curso Complementario en ”Técnicas de expresión oral”; I Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: Aspectos funcionais e técnicos”; I Curso Complementario en “Introdución á creación e xestión de sitios web con WordPress”; XIV Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”.
PUNTO 5
- Apróbanse as taxas dos seguintes cursos: III Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; IX Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; X Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; III Curso de Formación en “Introdución á programación en Python”; VII Curso de Formación en “Deseño e cálculo de instalacións técnicas da edificación e construcións industriais (contorna CYPE)”; II Curso de Formación en “Análise Avanzado da información (Microsoft Excel)”; II Curso de Formación en “Programación JAVA”; X Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XI Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; I Curso Complementario en “Planificación e seguimento de proxectos con Microsoft Project”; II Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”; Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: FEM”; Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: CFD”; I Curso Complementario en “Iniciación ao xeomarketing e ás ciencias sociais con sistemas de información xeográfica”; I Curso Complementario en “Redacción de informes de avaliación de edificios existentes (IEE)”; IV Curso Complementario en “Organización de eventos deportivos: As chaves do éxito”; I Curso Complementario en “Comunicación e protocolo XVI. Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública”; I Curso Complementario en “Simulación multifísica con Ansys”.
PUNTO 6
- Ratificación da aprobación das memorias finais dos cursos con aprobación previa e solicítanse aclaración sobre algunhas faltas atopadas nos cursos sen aprobación previa.
PUNTO 7
- Apróbase a proposta de prezos mensuais dos complexos residenciais universitarios para o curso 2016/2017 (Consello de Goberno de 14 de marzo de 2016).
PUNTO 8
- Rogos e preguntas.