O mércores día 10 de outubro de 2018, ás 13:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.06.2018).
Apróbase por asentimento - Informe do Presidente.
- Evolución da expedición de títulos oficiais da Universidade de Vigo. Situación e perspectivas en setembro de 2018.
- Informe que proceda sobre a proposta de modificación do título de Máster en “Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións”.
A Comisión informa favorablemente - Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
- II Curso complementario en “Deseño de aplicacións para dirección de operacións con Office Access”
- XVI Curso de formación en “Introdución á bolsa”
- I Curso de formación en “Javascript para aplicacións web e móbiles”
- I Curso de especialista en “Tradución para a industria do videoxogo”
- V Curso complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”
- III Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
- Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:
- I Curso de formación en “Industria conectada 4.0: Transformación dixital e novos modelos produtivos para a fábrica do futuro”
- I Curso de formación en “Negociación colectiva e individual no ámbito laboral”
- I Curso de formación en “Modeling dynamics of populations in a changing world”
- V Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
Apróbanse as taxas
- Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
a) Con aprobación previa do Presidente:
-
- IV Curso complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”
- VI Curso complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”
- XVII Curso complementario en “Iniciación ao Autocad”
- VI Curso complementario en “Nivel medio de Autocad”
- II Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”
- IV Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”
- I Curso de formación en “Advanced trading”
Infórmanse favorablemente
8. Aprobación, se procede, das tarifas dos servizos deportivos da Universidade de Vigo para o curso 2018/2019.
Apróbase a proposta
9. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento polos cargos de xestión (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 17 de xullo de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación
10. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento da excelencia curricular (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 17 de xullo de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación
11. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento ao labor docente e investigador (convocatoria 2017), consonte avaliación positiva da CGIACA (xuntanza do 25 de xuño de 2018).
A Comisión ACORDA autorizar a asignación
12. Rogos e preguntas.