O Consello Social da Universidade de Jaén organizou as Xornadas sobre mecenado e captación de fondos na universidade, que abordaron cuestións relativas ao mecenado desde a perspectiva dos consellos sociais das universidades españolas, así como a súa aplicación práctica.
No acto inaugural, o reitor da Universidade de jaén sinalou que as universidades viven un momento de cambios “a medio prazo”, determinados “polos propios cambios que sofre a sociedade”, algúns referidos a dúas cuestións, “unha relativa ao papel dos consellos sociais das universidades e outra ao modelo de financiamento universitario”.
Na mesa redonda sobre Mecenado desde a perspectiva dos consellos sociais das universidades españolas participaron: Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Gregorio V. Jiménez López, presidente do Consejo Social de la Universidad de Granada e Concepción Yoldi García, presidenta do Consejo Social de la Universidad de Sevilla.
O presidente do Consello Social da UJA explicou que con estas xornadas quíxose propiciar un intercambio de coñecemento e promover unha maior conexión entre a universidade e as empresas, “sendo conscientes da importancia das universidades como motor de desenvolvemento e como unha opción responsable a utilizar polo sector empresarial no desenvolvemento do seu I+D+i”.