Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora na II Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con nós

2020-09-28T12:38:54+00:0012 de Febreiro de 2019|Colaboracións e patrocinios, Responsabilidade social|

A Facultade de Historia de Ourense organiza a II Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con Nós. O martes 12 de febreiro presentouse a convocatoria deste ano, “unha versión mellorada da primeira”, na que o alumnado de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria poderá pór a proba os seus coñecementos ao mesmo tempo que se divirte. Os centros de ensino galegos xa poden inscribirse na mesma.

Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, salientou como os bos resultados acadados na edición do pasado ano, a primeira que se celebrou, animaron ao centro a dar continuidade á iniciativa. Os obxectivos da olimpíada, explicouse na súa presentación, son promover o interese do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria pola historia; visibilizar a importancia do seu ensino e a aprendizaxe ao mesmo nivel que materias de outros ámbitos de coñecemento e destacar o aspecto lúdico da súa aprendizaxe. A iniciativa tamén quere estreitar as relacións entre os centros galegos e a Universidade de Vigo, dar a coñecer a Facultade de Historia e o campus de Ourense entre o alumnado interesado no ámbito humanístico e fomentar a relevancia das disciplinas humanísticas para a comprensión do mundo actual e a súa mellora. A competición contará coa colaboración de diversas entidades entre as que está o Consello Social da Universidade de Vigo.

[Información baseada nesta nova do DUVI: A II Olimpíada Galega de Historia abre o prazo de inscrición ]