Ao acto, celebrado o 30 de setembro, asistiron o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, e os presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, así como outras autoridades. A apertura foi presidida polo Rei Felipe VI.
Tamén participaron unha trintena de reitores, representantes dos estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da universidade. Ernesto Pedrosa representou o Consello Social da Universidade de Vigo.
Tras a entrada ao Paraninfo da comitiva formada polos reitores e reitoras deu comezo o acto solemne no que interviron a catedrática Amparo Alonso Betanzos–investigadora en Intelixencia Artificial (IA)– que impartiu a lección maxistral, Julio Abalde –reitor da Universidade da Coruña–, José Carlos Gómez Villamandos –presidente da CRUE, Pedro Duque –Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades–, Alberto Núñez Feijóo –Presidente da Xunta de Galicia– e Felipe VI.