Que pode achegar o Consello Social para mellorar o nivel de transparencia da Universidade de Vigo?

2020-05-07T13:52:53+00:007 de Maio de 2020|Novas|

Na última reunión da Comisión Executiva do Consello Social, celebrada o 13 de marzo, David Basalo –coordinador da Unidade de Análises e Programas da UVigo– explicou ás persoas participantes o contexto, a situación e a casuística na que se atopa a Universidade de Vigo respecto á Transparencia, e a obriga, as razóns e as posibilidades de chegar a maiores niveis da mesma. Tamén analizou como pode contribuír o Consello Social a que a institución universitaria mellore a súa posición nos rankings. Para a súa intervención, Basalo acompañouse dun PowerPoint que decidimos publicar dado o seu interese.

Rematada a presentación houbo na Comisión unha rolda de intervencións  e reflexións sobre a importancia de que a cidadanía confíe na Universidade, a necesidade de aliñarse cos principios do goberno aberto, e a conveniencia de que o Consello Social interveña no Plan de Responsabilidade Social da UVigo.

A presentación nun visor de PDFs:

Present. Basalo

Tamén podes descargar o arquivo en:

PDF (4,2 Mb) ou PPTX (3.7 Mb)