Colaboracións e patrocinios

Pont-Up Store 2020, que conta co apoio do Consello, terá un formato híbrido con actividades presenciais e virtuais

2020-09-28T12:22:29+00:0012 de Xuño de 2020|Colaboracións e patrocinios, Novas, Responsabilidade social|

A COVID-19 non impedirá que, o vindeiro mes de setembro, o Pont-Up Store, o encontro de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo, a través do Campus Crea, celebre a súa sétima edición. Farao cun “formato híbrido”, no que se combinarán as actividades presenciais e virtuais. Por unha banda, seguindo os protocolos de seguridade vixentes nese momento, está previsto que entre o 17 e 19 de setembro se instale de novo na praza de España de Pontevedra a carpa na que 35 novas empresas disporán dun stand no que amosar o seus produtos e servizos dentro do que a organización define como “o encontro de emprendemento máis importante de Galicia”. A esta iniciativa sumarase un programa paralelo de actividades, que incoropora neste 2020 un “espazo de internacionalización”, dirixido a achegar aos novos emprendedores e emprendedoras ferramentas para saír ao mercado exterior.

O Consello Social, como vén sendo habitual, colabora coa organización do evento

Un novo espazo de internacionalización

A novidade desta edición será a da posta en marcha dun “espazo de internacionalización”, que agrupa tres obradoiros en liña, organizados pola entidade Ticket2Europe dirixidos a axudar as persoas emprendedoras a saír ao mercado exterior e construír unha rede de alianzas internacionais. A este respecto, o director do Pont-Up Store recoñeceu que a crise da COVID-19 impediu levar a cabo outras actividades, como reunir en Pontevedra a “40 emprendedores de distintos países da Unión Europea”.

[Informacións e imaxes recollidas dunha nova do DUVI]