Actualización: Publicado o Plan Estratéxico da UVigo (2021-2026) aprobado no último Pleno de 2020

2021-02-11T16:52:31+00:0010 de Febreiro de 2021|Novas|

A actualización consiste en dar conta da posta a disposición pública da edición deseñada e maquetada do Plan Estratéxico. O documento pode descargarse na ligazón de máis abaixo, ao final da nova orixinariamente publicada o 23 de decembro de 2020.


O mércores 23 de decembro o Consello Social celebrou o seu último pleno do ano. Levouse a cabo, como vén sendo común, por medio telemáticos. Nesta reunión, ademais de aprobar definitivamente o orzamento e o teito de gasto da UVigo, presentouse e refrendouse o Plan Estratéxico da Universidade de Vigo para o período 2021-2026. Jacobo Porteiro, secretario do Comité de Dirección encargado da súa elaboración, foi o encargado de explicar o documento ante os membros do pleno.

O Plan, tal e como puideron coñecer as persoas asistentes á sesión, articúlase en cinco eixos estratéxicos:

  • A formación
  • A relación coa sociedade
  • A organización e os recursos
  • A investigación e a transferencia
  • As persoas

O Plan baséase en tres valores fundamentais: internacionalización, defensa da igualdade e fomento da lingua galega. E se compromete cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Manuel Reigosa agradeceu aos membros do Consello Social a súa participación neste plan “que para nós é algo importante, que nos vai a marcar o devir” e permitir “facer unha universidade máis moderna e máis involucrada na sociedade”.

O Presidente do Consello, Ernesto Pedrosa destacou do Plan ser  “un documento esencial para que vehiculicemos as zonas de paso entre a universidade e a sociedade”.

Dado o valor e interese deste documento poñémolo a disposición para a súa descarga.