O mércores, 28 de decembro de 2022, ás 12:10 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (18.11.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do Reitor.
Acordos, propostas e informe da Comisión Económica (reunión do 21 de decembro de 2022)
- Informe favorable para ratificación, se procede, sobre o teito de gasto da UVigo para o exercicio orzamentario de 2023, ao abeiro do disposto no Real Decreto 14/2012, do 20 de abril.
O Pleno acorda emitir informe favorable. - Emisión de informe favorable para aprobación, se procede, da proposta de orzamento da UVigo para o exercicio 2023.
Apróbase a emisión de informe favorable. - Informe favorable para ratificación, se procede, sobre a Oferta de Emprego Público do PDI da Uvigo para o ano 2022. (Consello de Goberno do 29.11.2022).
Infórmase favorablemente. - Aprobación, se procede, da adhesión da UVigo á Rede ANEXXI de universidades para a realización de traballos científicos e técnicos que posibiliten a elaboración e publicación do “Atlas Nacional de España del siglo XXI”.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da aceptación pola UVigo da doazón de equipos informáticos para uso de estudantes.
Apróbase por asentimento. - Proposta de orzamento do Consello Social para o exercicio 2023.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de novembro de 2022.
O Pleno dáse por informado.
- Asignación de complementos retributivos a profesores da UVigo por Cargos de Xestión, correspondente a convocatoria de 2021, consonte as valoracións positivas acordadas pola ACSUG.
O Pleno acorda a asignación. - Informe que proceda sobre a proposta de creación do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (Consello de Goberno do 21 de decembro de 2022).
O Pleno informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da modificación das taxas por actividades deportivas correspondentes ao curso 2022/2023.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da Memoria final da VI edición do Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”.
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da edición da Memoria do Consello Social correspondente a 2021.
Apróbase por asentimento. - Informe do Reitor sobre as sociedades participadas da UVigo (FUVI, CUSA e CITEXVI).
- Rogos e preguntas.
Interveñen: Teresa Cendón, o Reitor, Xosé Manuel Atanes, Carlos Mollinedo e Juan Manuel Vieites.
Acordos do Pleno do Consello Social do 28-12-2022
Documento PDF, 188 KB