Colaboracións e patrocinios

[Actualización-Vídeos] Coa colaboración do Consello Social, as JAI, escaparate mundial das últimas tendencias en automatización e robótica

2023-01-26T10:39:56+00:0025 de Xaneiro de 2023|Colaboracións e patrocinios, Novas|
ESTA É UNHA NOTICIA DO 14 DE NOVEMBRO, DUPLICADA E ACTUALIZADA CON VÍDEOS DO EVENTO ELABORADOS POR UVIGOTV.
Para ver os vídeos baixar ao fondo da páxina.

O escaparate mundial das últimas tendencias en automatización e robótica sitúase esta semana no campus de Vigo. Aquí deron comezo o luns 14 de novermbro as VIII Xornadas sobre tecnoloxías e solucións para a automatización industrial JAI’2022, evento que, tras a pandemia, volve ser presencial e faino con cifras récord: máis de 2000 persoas rexistradas, 125 empresas participantes e preto de medio cento de conferencias. A inauguración oficial tivo un dobre escenario: primeiro, nun máis que repleto salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, coa intervención de múltiples autoridades e, a continuación, no vestíbulo central da Escola de Enxeñería Industrial, onde, como xa é tradicional, se instalou o showroom Industria 4.0, no que as empresas participantes, máis de 35 firmas moi recoñecidas no sector, realizaron variadas demostracións das últimas tecnoloxías en automatización e robótica.

Na inauguración das xornadas, participou Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade, así como o reitor, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, o director xeral de Industria y de la PYME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Galo Gutiérrez, a concelleira da área de I+D e Dinamización Administrativa do Concello de Vigo, Ana Mejías, o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades,  Ignacio Bueno, director de Stellantis Vigo, Luis Moreno, director xeral do CTAG, Silvia Blanco, de Asime, e Francisco Yáñez, presidente do primeiro Digital Innovation Hub Industrial de Galicia, Dighgigal.

Cinco días de intensa actividade nas escolas de enxeñaría

Con emisión en directo a través da canle 1 de UVigoTV, a 8ª edición das JAI achega múltiples novidades no seu programa, incluídas catro mesas redondas, dúas moderadas por ISA Spain e as outras dúas por AER Automation, centradas en ciberseguridade, mantemento preditivo, robótica móbil e visión e intelixencia artificial;  unha grande exposición de robótica, co dobre de participantes que na derradeira edición, e a presenza de Spot Enterprise de Boston Dynamics, o cuadrúpedo co brazo máis avanzado do momento. Así mesmo, varias firmas patrocinadoras e participantes amosarán ao longo de toda esta semana os seus robots máis avanzados, nos eidos colaborativo, sensitivo e móbiles autónomos, principalmente. Ademais este ano cobran especial protagonismo neste showroom as asociacións de estudantes como UVigo SpaceLab ou UVigo Motorsport.

Ao longo destes cinco días superaranse as 40 horas de conferencias e mesas redondas, impartidas por 70 profesionais do sector, que abordarán nos seus relatorios cuestións como infraestruturas críticas, monitorización e control, activos IT/OT, ciberseguridade industrial e zero trust, xemelgo dixital, intelixencia artificial, analítica de datos, industria de proceso etc.

A primeira das mesas redondas terá lugar hoxe luns pola tarde e centrarase no tema da ciberseguridade, coa participación de Josep Albors, responsable de Investigación de ESET; Antonio Fernandez, responsable de ciberseguridade de CISO, FINSA; Belén Pérez, do Grupo Nueva Pescanova e Agustín Valencia, de Fortinet. Encargarase de moderar David Marco de Accenture.

O Consello Social deseña e promove a comunicación en prensa desta edición das JAI

Como unha forma de colaboración e para conseguir acadar o maior número de público obxectivo e atraer visitantes individuais e empresas ás xornadas, o Consello patricinou e encargou o deseño da publicidade en prensa.

Este é o anuncio (de media páxina) publicado por varios medios impresos:

Vídeos do evento

Podes ver o vídeo resumo:

ou, facendo clic no botón, ir á páxina de UVigoTV que recolle vídeos de todas as actividades:

Ir aos vídeos das JAI en UVigoTv